Candidatas: Colectivos con dificultades de inserción
As persoas desempregadas que presentan maior discriminación no ámbito laboral agrúpanse en torno aos seguintes colectivos:
· parados/as de longa duración
· maiores de 45 anos
· menores e mocidade (idade comprendida entre os 16 e os 30 anos)
· mulleres
· persoas con discapacidade
· poboación inmigrante
· persoas en situación de risco social (pobreza, drogodependencias, prisións, minorías étnicas).
O feito de ser muller xera unha das dimensións da desigualdade social que, en coincidencia con outros posibles factores de desigualade como etnia, nivel educativo, clase social, … acentúa e define situacións de discriminación e procesos de exclusión.
O ser inmigrante, pobre e de clase baixa pode dar un perfil de exclusión que se agrava se ademais se trata dunha muller.
Considérase importante á hora de levar a cabo un proceso de inserción laboral, coñecer a información específica ofertada dende as institucións públicas e privadas para cada colectivo.
- PERSOAS PARADAS DE LONGA DURACIÓN E MAIORES DE 45 ANOS: