Calendario do emprego
|
Que é EmprégateNeste portal de emprego ponse en contacto a través da rede as ofertas de emprego das empresas cas demandas das mulleres.
Preténdese que sexa un sistema de intermediación on line polo que dun modo rápido e seguro as empresas da Mancomunidade de Vigo vexan cubertas as súas necesidades á hora de contratar a mulleres para as súas empresas.
Mantense a confidencialidade dos datos das empresas e das usuarias do portal.
Emprégate é unha iniciativa do Proxecto EQUAL Conta con Elas, da Agrupación de Desenvolvemento da Área Metropolitana de Vigo.
O Proxecto Conta con Elas, cun orzamento de cerca de tres millóns de euros, ten como eixo central a sensibilización, especialmente a sensibilización empresarial e laboral, para diminuír a segregación laboral das mulleres. O Proxecto Conta con Elas impulsa e favorece o cambio na percepción da posición que as mulleres han de ocupar no mercado de traballo. |
|