Candidatas: Decálogo da busca de emprego1º Coñécete a ti mesma.
Identifica os teus puntos fortes e débiles tanto persoais coma profesionais; analiza a túa dispoñibilidade (de horario, desprazamento, mobilidade,…) e ocupabilidade (coñecementos, cualificación profesional, experiencia,…) Desta maneira será máis doado que decidas en que empresas, postos e condicións estás interesa/o e que afrontes con éxito as probas de selección que fan as empresas.
2º. Analiza o mercado de traballo.
O mercado de traballo estase a modificar de continuo. Os cambios tecnolóxicos, as novas estruturas sociais e económicas, fan que os perfís solicitados polas empresas sexan máis cualificados e con maior grado de especialización e adaptación. Coñecer o que están a demandar as empresas vainos permitir adaptarnos as mesmas e a identificar aqueles sectores e postos que encaixan co noso perfil profesional.
3º Crea a túa propia estratexia de busca.
Unha vez identificado o noso perfil profesional e a situación do mercado de traballo, é preciso marcar uns obxectivos a corto, medio e longo prazo, así coma os pasos a dar para acadalos. Marcar a nosa estratexia permitiranos realizar unha busca de emprego organizada, constante e de acordo coa realidade.
4º Recorre ás fontes de información.
Nelas poderás atopar información referente o mercado de traballo, ás empresas e as súas ofertas de traballo, as convocatorias públicas, as ofertas formativas.
As fontes as que acudir son múltiples coma a prensa, asociacións, servizos públicos de orientación e emprego, …
5º Redacta un bo currículo e ten a man toda a documentación que precises.
É de vital importancia redactar un bo currículo onde reflictas as túas aptitudes e capacidades. Ten en conta que é a túa vía de presentación ás empresas, o escaparate da túa formación, experiencia e destrezas. Nesta páxina atoparás información de como redactalo e varios modelos que podes utilizar.
Non esquezas, tampouco, ter a túa documentación acreditativa preparada (títulos, certificados, diplomas, contratos, vida laboral,…), pode ser que cha requiran en calquera momento.
6º Prepárate para as entrevistas e probas de selección.
Con elas as empresas analizaran se che adaptas ao perfil que están a buscar, en definitiva se es a candidata/o idóneo para cubrir o posto de traballo. É fundamental que busques información da empresa, que tipo de selección levan a cabo e que características valoran, deste xeito poderás prepararte e facer destacar os teus puntos fortes que se adecúan ao perfil demandado. Nesta páxina atoparás información para preparar a entrevista de traballo.
7º Rexistra todos os teus pasos.
Levar unha axenda onde identifiquemos todos os pasos (empresas e ofertas as que nos diriximos, entrevistas realizadas, probas de selección), e onde detallemos os resultados obtidos, vainos permitir analizar os logros e erros que cometemos no noso proceso de busca e melloralo. Por outra banda, propiciará que fagamos unha busca organizada e axustada ós nosos obxectivos.
8º Utiliza a túa rede de contactos.
As túas amizades, a túa familia, as túas compañeiras e compañeiros de formación, failles saber que estás á procura dun emprego. Moitas veces as empresas utilizan as persoas coñecidas para buscar as empregadasou empregadosos, baseándose nun criterio de confianza. Por outra banda, non é posible que accedamos a toda a información sobre ofertas de traballo e convocatorias, polo que apoiarnos entre nós e compartir información vai ampliar as nosas oportunidades.
9º Actualízate.
Pode ser que a nosa busca de emprego se alongue no tempo máis do que desexemos. Existen numerosas ofertas formativas a través de organismos públicos e privados. Sen desistir na nosa busca de emprego, debemos aproveitar este tempo para cualificarnos, de tal xeito que ampliemos e/ou actualicemos os nosos coñecementos profesionais. Por outra banda pode axudarnos a ampliar a nosa rede de contactos e a estar máis o tanto da información sobre ofertas e posibilidades do sector.
10º Mantén unha actitude positiva.
A busca de emprego é un traballo en si mesmo, que require moito esforzo e tempo. Ao longo deste proceso é posible que teñamos unha sensación de fracaso e frustración. Pero ten en conta que a túa actitude reflectirase en todas as fases da busca (nas entrevistas, nas probas, no teu currículo), e pode anular a mostra das túas calidades e aptitudes. Apóiate no teu contorno, mantente activa e se perseverante.