InicioCandidatasConsellos para facer un bo curriculum
        Calendario do emprego
   
 \n"; for ($calendario_coln = 0; $calendario_coln < 7; $calendario_coln++){ $calendario_posicion = array (1,2,3,4,5,6,0); echo ' \n"; } echo " \n"; } ?>
\n"; echo ' '; if($calendario_fila == 0)echo ''.$calendario_diasSem[$calendario_coln]; elseif(($calendario_numMes && $calendario_numMes < $calendario_ultimoDia) || (!$calendario_numMes && $calendario_posicion[$calendario_coln] == $calendario_fechaInicioMes)){ $result_calendario = mysql_query("SELECT COUNT(id_calendario) AS num FROM calendario WHERE fecha='".$calendario_ano."-".$calendario_mes."-".($calendario_numMes + 1)."'"); $row_calendario = mysql_fetch_array($result_calendario); ++$calendario_numMes; if($row_calendario["num"]>0){ $font_color=$calendario_font_color_activado; echo ''; }else { $font_color=$calendario_font_color_desactivado; //echo ''; } if($calendario_ano==anhoActual() && $calendario_mes==mesActual() && $calendario_numMes == diaActual()) $font_color=$calendario_font_color_hoy; echo ''.$calendario_numMes . ''; if($row_calendario["num"]>=0) echo ''; } echo "
Candidatas: Consellos para facer un bo curriculum

O proceso de busca de emprego é un traballo en si mesmo que leva moito esforzo e dedicación, cuxo obxectivo é acadar un emprego no que nos desenvolver profesionalmente. Será preciso elaborarmos unha estratexia e plan de actuación onde identifiquemos aquelas empresas, entidades ou sectores que nos interesan e ós que nos imos dirixir.  Para presentarnos será preciso elaborar o noso currículo que será a nosa tarxeta de visita. É o reflexo das nosas actitudes e coñecementos, da nosa profesionalidade; por iso a súa elaboración é de vital importancia e debemos dedicarlle todo o tempo que precisemos. O curriculo non acada de por si un emprego, mais abriranos ou pecharanos as portas.

 

Non existe un modelo ou forma máxica de currículo pero si unha norma xenérica: debe ser sinxelo de ler e á vez atraer a atención e suscitar o interese do/a seleccionador/a, destacando aquelas características persoais e profesionais que fan que o/a candidato/a sexa o idóneo para o posto.

 

Para acadalo detállanse algunhas regras prácticas, exponse un exemplo e un esquema detallado do currículo xenérico utilizado en España e do currículo europeo; a maiores  exponse un esquema e exemplo de carta de presentación.

 

REGRAS PRÁCTICAS PARA A ELABORACIÓN DUN BO CURRICULO

 

  • Debe estar ben estruturado. Facilitará  a súa lectura e a localización de cada dato. Os bloques xenéricos de división son: datos persoais, formación regrada ou académica, formación complementaria, experiencia profesional e outros datos. Dependendo do itinerario estarán ou non todos presentes, á vez que poden aparecer outros coma idiomas ou informática.
  • Usaranse todos os recursos dispoñibles para darlle unha imaxe atractiva acorde coa formalidade que require (negriñas, subliñados, espazos, liñas, tipos e tamaños de letra).
  • Usarase sempre un orixinal, non fotocopias, e coidaremos o papel elixido, que sexa consistente, pode ser de cor mais en tons discretos. No caso de acompañalo dunha fotografía pódese inserir no currículo, senón deberase enviar tamén a orixinal.
  • A súa redacción debe ser clara e directa, con frases e parágrafos curtos. Non se empregaran dúas palabras para o que se pode dicir en unha.
  • A linguaxe empregada debe reflectir a cualificación e competencia profesional do/a candidato/a.
  • Debe estar acorde co posto ó que se opta, reflectindo que se reúnen os requisitos.
  •  Debe ser defendible, non debe conter mentiras ou esaxeracións, pois pode perder credibilidade  e á vez ser descuberto nunha entrevista o pechará portas no futuro. En todo caso pódense ocultar algúns datos que nun primeiro momento sexan negativos e que explicaranse nunha posible entrevista.
  • Acompaña o curriculo dunha carta de presentación. Esta será a introducción, desprendendo as primeiras impresións do/a candidato/a. Debe ser personalizada, en orixinal, a corde co curriculum e amosará o interese e obxetivos do/a candidato/a con respecto o posto e a empresa.
  • O curriculum non ira firmado, mais sí a carta de presentación. Pecharase o curriculum coa data, sendo suficiente o mes e o ano.

 

Tipo:
Email:
Pass:
Rexistrar nova conta

Recuperar o password




   Aviso Legal  |  Privacidade  |  Contacto